Onte, no Círculo das Artes en Lugo, tivo lugar o concerto de Ecos de Breogán, a formación de cámara que lidera a oboísta Iria Folgado. Iria é solista de corno inglés na Konzerthaus de Berlín. Xunto a ela actuaron Millán Abeledo (cello), Marta Rodríguez Otero (viola) e Sara e Raquel Areal (violíns). A proposta era do máis suxestivo, con compositores das Illas Británicas e aires musicais da campiña inglesa. O resultado foi magnífico, sobre todo o Quinteto para óboe e cordas de Bax e os Seis ensaios sobre temas populares ingleses de Vaughan Williams. Foi todo un luxo poder contar con estes e estas instrumentistas prestixiosos que son profetas fóra e tamén na súa terra.


No hay comentarios:
Publicar un comentario