domingo, 1 de febrero de 2026

Segundo cuarteto de Béla Bartók

O segundo movemento desde cuarteto de Bártok é tribal, obsesivo, salvaxe. Ataques secos, acentos violentos e cambios instantáneos de dinámica. Non hai un momento de calma. Bartok escribiuna en plena I Guerra Mundial. É evidente que o dolor e o horror mobilizan inxentes cantidades de enerxía creadora. A "Consagración da Primavera" de Stravinski é de 1913. Bela Bartok compuxo este cuarteto entre 1915 e 1917, aínda que houbo que agardar á posguerra para a súa estrea. Sen dubida hai moito da enerxía telúrica da terra aquí, esa que o músico ruso sacou a escea, provocando o estupor e a indignación dos burgueses parisinos bempensantes. No caso de Bartok, hai un intenso traballo de campo detrás, documentando e comprendendo a música popular. A fusión destas músicas do pobo co para-expresionismo musical dá como resultado unha auténtica descarga eléctrica que pon os pelos de punta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario