lunes, 6 de abril de 2026

Anotación I

Volveu chover. A Semana Santa foi calorosa, mesmo de máis. Os meus foron uns días de burocracia sen fin. Luns, martes e mércores enchín unha morea de papeis e formularios en liña da ANECA. Hoxe foi Luns de Pascua, pero non pasou nada no mundo arredor de min que me fixese sentir o día que era. Onte foi Domingo de Pascua e tampouco pasou nada que me lembrase o día especial que era. Definitivamente a relixión vai quedando atrás para moita xente, para a inmensa maioría da xente, pero non para toda. O de Oriente Medio é un auténtico desastre. Non sei onde irá parar todo isto. O Estreito de Ormuz é agora a moeda de cambio. Puro determinismo xeográfico. Un funil por onde pasan toneladas e toneladas de petróleo e gas. E así estamos. Mentres tanto, mentres agardamos a ver con qué pé se ergue o Señor Laranxa, desfrutemos. E aquí sigo, enganchado ao portátil preparando unhas táboas de Excel para a comisión de validacións de mañá. Son case as doce da noite e vou ir pechando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario