viernes, 12 de junio de 2026

Mozart: Sonata para violín e piano KV 304

A Sonata para violín n.º 21 en mi menor, K. 304, de Mozart, ocupa un lugar á parte dentro do amplo catálogo do xenio salzburgués. Foi composta en París, en 1778, once anos antes da Revolución Francesa, por certo. Na estadía parisina Mozart perdeu á súa nai, e a música reflicte este estado de ánimo triste e lastimeiro. Non era Mozart un compositor dado a empregar as tonalidades menores.
Mi menor, a tonalidade da sonata, é puro dramatismo e dor. Ademais, hai un rasgo moi curioso e interesante nesta obra: só ten dous movementos e dura algo menos de 15 minutos. 
Como pianista afeccionado, para min esta sonata ten unha importancia grande para afirmar a igualdade dos dous instrumentos, violín e piano, en pé de igualdade. Ata ese momento as sonatas para violín e piano eran simplemente "sonatas para violín". Entendíase que o piano era un mero acompañante. Mais aquí non acontece iso. Aquí o violín e o piano dialogan en toda a obra. Ninguén é máis e ninguén é menos. Música dunha beleza arrebatadora. Desde o meu punto de vista, e éste un clasicismo que anuncia xa o Romanticismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario